sígueme en

sígueme en
sandrabaston.artesaniatextil@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta Chales. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Chales. Amosar todas as publicacións

sábado, 3 de setembro de 2016

A inspiración da cor

Certas cores poden chegar a ser tan suxerentes que por si mesmas van guiando o traballo no tear. Foi o que me pasou coas últimas pezas que creei empregando como base un liño coa mesma cor da bugambilla que florece na entrada da nosa casa.

E despois de deseñar o proxecto e montar o tear con bastante tensión...

o resultado foron un par de chales e unhas pezas para a confección dun traxe de cerimonia. Estes son os chales:


E estas as fotos do traxe rematado e que veñen a demostrar que o tecido artesanal non está reñido coa moda e o deseño actuais.









domingo, 3 de xullo de 2016

Chales de verán

Sol, mar, vento, noites estreladas... chegou o verán e pode que iso repercutira nos meus últimos traballos. Algodón e liño, flecos e borlas, texturas lixeiras e amorosas, cores suxerentes... É a maxia da artesanía, as túas mans transforman os fíos e danlle significado.





mércores, 30 de decembro de 2015

Camiñando con rosas

Este chal de algodón foi tecido o ano pasado durante as miñas clases con María Xosé Lois. O filamento chamado camiño de rosas permitiume improvisar sobre un patrón preestablecido, como no jazz. O resultado desvélase ao desenrolar o pano.

Cha-liño

 Este precioso chal mestura fio de liño branco e cru cunha textura gofrada que o volve lixeiramente elástico. Esta característica, xunto co peso do pano, faino elegante e cómodo á vez.