sígueme en

sígueme en
sandrabaston.artesaniatextil@gmail.com

sábado, 28 de xullo de 2018

De novo por Pontevedra

Un ano máis, Sandra Bastón aparece pola feira de Pontevedra "A Chalana" para mostrar o traballo dun ano enteiro, realizado con ilusión e esmero entre encargas varias, cambios demasiado frecuentes de tear, ocupacións familiares e demáis. As e os que me seguides polo facebook puidestes ir vendo a miña actividade e cousiñas que saíron do taller, algunhas das que me sinto moi orgullosa. Se ainda non entrases, podedes facelo pinchando AQUÍ. De todos xeitos, ao longo desta semana irei publicando neste blog fotos e explicacións das pezas que estou a mostrar na feira. Déixovos un avance:




luns, 7 de agosto de 2017

Entrevista en Faro de Vigo


   Hoxe rematou a feira de artesanía "Chalana" de Pontevedra. Para ser a miña primeira feira, quedei con moi boas sensacións.
   Aquí podedes ler a entrevista que me fixeron no Faro de Vigo deste domingo onde comento algunhas reflexións que tirei desta experiencia.

luns, 31 de xullo de 2017

A importancia de facer as cousas con paixón

   Unha lección que estou a aprender ao dar a coñecer os meus traballos é a importancia de facer aquilo no que creo, de tomar o camiño no que me sinto a gusto, no que son eu mesma.
   Se tomei a decisión de adicarme á artesanía é por este motivo. E estou descubrindo que as persoas que se interesan polo que fago acaban sentíndose atraídas por aquelas pezas que máis me emocionan, aqueles traballos realmente especiais, onde fun eu mesma, sen pensar en que fosen gustar máis ou menos. Iso tranquilízame e ilusióname para continuar facendo as cousas coa mesma paixón.


domingo, 30 de xullo de 2017

Liño e máis liño. Tamén para as crianzas

   Desde as orixes da nosa civilización occidental, vimos utilizando o liño como material preferente na confección de prendas de vestir. No século XX foi perdendo peso en favor de outros tecidos pero, que son cen anos con respecto a 5.000 anos de historia? As virtudes do liño son de sobra coñecidas mais depende en parte de nós, artesáns e deseñadoras, a súa difusión e posta en valor. Outras institucións educativas, culturais, museos, etc, tamén teñen responsabilidade neste senso.
   Alégrame saber que, mentres estou expoñendo na feira de artesanía de Pontevedra, a poucos metros, na Casa da Luz pódese visitar unha exposición sobre o a cultura do liño en Galicia. Animo a todos e todas as que me visitedes a que pasedes por alí.
   Pola miña parte, móstrovos un conxunto para nenas, de liño 100%, que está gustando moito ás persoas que me visitan estes días. É un deseño que procura realzar as propiedades deste tecido marabilloso: a transpiración, a textura, a caída... Xa sabedes como penso, debemos mimar a infancia dándolles o máis valioso para que o saiban valorar no futuro. Liño tamén para nenos e nenas!



Este é un tear tradicional que podedes ver na Casa da Luz de paso que visitades a feira de artesanía. O que eu teño na feira non é tan impresionante :)



xoves, 27 de xullo de 2017

Bolsos para unha nova etapa

   Fai tres meses aceptei a proposta de participar na feira de artesanía de Pontevedra desde o día 28 de xullo ao 6 de agosto de 2017. Foi  un reto importante que supuxo que me pechase no taller moitas horas para poder mostrar un catálogo de pezas de calidade e coherentes co meu concepto de artesanía.
   O resultado poderédelo ver a partir de mañá na praza da Ferrería de Pontevedra. Pero para quen non poida vir a visitarme irei publicando fotos dos meus traballos, algúns que continúan na onda do que xa tedes visto e outros moi novidosos con respecto ao que estou acostumada a facer, como esta colección de bolsos e carteiras que vos presento.















Todos os tecidos son artesanais feitos en tear empregando liño, estopa e algodón. As correas son en coiro natural.




domingo, 1 de xaneiro de 2017

Mantiñas para bebé

Quero abrir este 2017 desexándovos o mellor a todos e todas as que me seguides e presentando un dos traballos que máis me gusta facer e no que estiven traballando nos 2 últimos meses. 
As mantas para bebé son pezas especiais que simbolizan a protección e o amor que nos inspiran os pequechos. Para confeccionar estas prendas gústame coñecer o entorno do neno ou nena e facer un deseño único e persoal, como merecen as nosas crianzas. 
Aquí podedes ver dúas variedades dunha mesma idea de manta reversible tecidas en lá especialmente indicada para uso infantil.

A textura faise moi acolchada e agarimosa.