sígueme en

sígueme en
sandrabaston.artesaniatextil@gmail.com

domingo, 30 de xullo de 2017

Liño e máis liño. Tamén para as crianzas

   Desde as orixes da nosa civilización occidental, vimos utilizando o liño como material preferente na confección de prendas de vestir. No século XX foi perdendo peso en favor de outros tecidos pero, que son cen anos con respecto a 5.000 anos de historia? As virtudes do liño son de sobra coñecidas mais depende en parte de nós, artesáns e deseñadoras, a súa difusión e posta en valor. Outras institucións educativas, culturais, museos, etc, tamén teñen responsabilidade neste senso.
   Alégrame saber que, mentres estou expoñendo na feira de artesanía de Pontevedra, a poucos metros, na Casa da Luz pódese visitar unha exposición sobre o a cultura do liño en Galicia. Animo a todos e todas as que me visitedes a que pasedes por alí.
   Pola miña parte, móstrovos un conxunto para nenas, de liño 100%, que está gustando moito ás persoas que me visitan estes días. É un deseño que procura realzar as propiedades deste tecido marabilloso: a transpiración, a textura, a caída... Xa sabedes como penso, debemos mimar a infancia dándolles o máis valioso para que o saiban valorar no futuro. Liño tamén para nenos e nenas!



Este é un tear tradicional que podedes ver na Casa da Luz de paso que visitades a feira de artesanía. O que eu teño na feira non é tan impresionante :)



Ningún comentario:

Publicar un comentario