sígueme en

sígueme en
sandrabaston.artesaniatextil@gmail.com

mércores, 30 de decembro de 2015

En proceso

Recibín un encargo para decorar unha cea de noitevella, dous camiños de mesa en liño e algodón. Aí o vedes ainda no tear, pinta ben pero ainda lle queda un pouco. Cando estea rematado prometo subir a foto.

Camiñando con rosas

Este chal de algodón foi tecido o ano pasado durante as miñas clases con María Xosé Lois. O filamento chamado camiño de rosas permitiume improvisar sobre un patrón preestablecido, como no jazz. O resultado desvélase ao desenrolar o pano.

Gofres para vestir

O gofrado é un filamento que me encanta. Despois de telo probado co liño, o resultado en lá é igual de bo ainda que a textura é bastante diferente. En algodón conséguese un efecto similar e fai o fular algo máis fresquiño.




Fu-lá-res

Aquí presento os meus primeiros fulares en lá. Son pezas que fixen para a miña familia polo que o deseño pretende adaptarse á súa personalidade e gustos.




Cha-liño

 Este precioso chal mestura fio de liño branco e cru cunha textura gofrada que o volve lixeiramente elástico. Esta característica, xunto co peso do pano, faino elegante e cómodo á vez.

Petroglifos en felpa

 Estes dous cadros, inspirados nos petroglifos de Mogüelos (Donón - O Hío), están realizados en felpa ou gurullo, unha técnica tradicional galega coa que traballei sobre este icono da miña terra natal.

Comezando

Ola a todos e todas, despois de moitas peticións estreo este blog para publicar algúns dos meus traballos no tear comezando polos primeiros proxectos, como estes que vos presento:

Este foi o coxin que fixen con Anna Champeney no verán do 2013, a miña primeira peza en tear de baixo lizo con fío de liño e lá con tintes naturais. O coxín de embaixo foi feito máis tarde, empregando algodón e lá co mesmo enfiado que o de arriba (repaso novo).